Documento

Expediente de solicitude de Mateo Ballesteros á Xunta Superior de vestiario para os soldados da cuarta división do batallón de Buenos Aires

Expediente de solicitude de Mateo Ballesteros á Xunta Superior de vestiario para os soldados da cuarta división do batallón de Buenos Aires

Alcance y contenido: Contén: - Solicitude.- 1810/08/08. A Coruña - Estado das prendas de vestiario que precisa o batallón de Bos Aires.- 1810/08/08. A Coruña - Informe da [Sección de Guerra] indicando que parece que esas tropas van pasar a Bos Aires polo que primará vestir ás que están aquí, aínda que non se deben deixar espidos tampouco.- 1810/08/15. [A Coruña] - Dilixencia da Xunta ordenando que se pregunte se teñen orden de pasar a Bos Aires.- 1810/08/20. [A Coruña] - Oficio da Xunta ordenando que Mateo Ballesteros lle diga se ten orde de pasar a Bos Aires, para poder resolver a solicitude de prendas de vestiario.- Minuta. 1810/08/21. A Coruña. - Oficio de Mateo Ballesteros á Xunta comunicándolle que o xeneral Mahy déralle un pasaporte para chegar á Coruña e presentarse ao Capitán Xeneral que debería ordenar o seu embarque, e fai fincapé en que eses soldados tiñan dereito a ese vestiario polos seus méritos en campaña.- 1810/08/23. A Coruña - Dilixencia da Xunta ordenando que se pase ao comisario inglés para que facilite os vestiarios unha vez se coñeza o seu número.- 1810/08/24. [A Coruña]

Fecha
1800
Lugar
España - Galicia - A Coruña - Santiago
Institución
Galiciana, Arquivo Dixital de Galicia (vía Europeana)
Colección
Prensa y documentos sobre la Argentina en bibliotecas regionales de España
Derechos
Creative Commons BY-NC-ND 4.0

Ver el original en Galiciana, Arquivo Dixital de Galicia (vía Europeana) ↗